lunes, 9 de enero de 2012

RECORTE DE PRODUCIÓN

A Dirección convocou hoxe de urxencia ó Comité de Empresa para informar que Alcoa había decidido reducir a súa produción a nivel mundial nun 12% devido ós malos resultados económicos recollidos no último trimestre do pasado ano.

Segundo a Dirección o 7% da redución de produción levarase a cabo nos EEUU, concretamente en plantas de Tennesseee e Texas. O 5% restante reducirano en Europa, para iso pretenden pechar a planta de Portovesme en Italia e reducir en 90.000Tm a produción en España a repartir entre as Fábricas da Coruña e Avilés (Alcoa Inespal).

A Dirección informou que esta decisión non viña só motivada polos malos resultados económicos da compañía, se non que era debido o baixón na demanda de Tocho e Placa e o baixo prezo do LME, que xunto co gran aumento dos custes das materias primas (Coke, Brea) que nestes momentos duplica o seu prezo, podería facer que no ano 2012 se alcanzasen os 15 millóns de Euros en perdas.

A Dirección da Coruña anunciou que esta redución de produción levará asociado un ERE temporal, tanto para a Fábrica da Coruña como para a de Avilés. O longo da mañá CCOO púxose un contacto cos compañeiros de Avilés, os cales informaron que a eles tamén os convocaron a mesma hora (12 da mañá) para anunciarlles o mesmo.

Para mañá esta convocada pola Dirección unha nova reunión co Comité de Empresa. De momento esta é toda a información de que dispoñemos, tan pronto saibamos algo máis iremos informando.