sábado, 14 de enero de 2012

REUNIÓN EXTRAORDINARIA DO COMITÉ DE EMPRESA

O Comité de Empresa levou a cabo hoxe unha xuntanza extraordinaria para acordar as medidas que se aplicaran de inmediato en resposta o anuncio do recorte de produción por parte da empresa e como consecuencia a aplicación dun ERE temporal.

Sobre a representación do Comité da Coruña na mesa de Madrid o Comité informou que a empresa convocou a 7 membros de cada Comité (Coruña e Avilés) para constituír a mesa conxunta, fixando a primeira reunión para o próximo martes 17 ás 11:30 da mañá e unha segunda reunión o xoves en horario a determinar na primeira reunión. Tódolos sindicatos están de acordo en que todos teñen que ter representación na mesa de Madrid e que debe de aplicarse a representatividade existente no Comité de Empresa. Finalmente acordouse que a composición fora de; CCOO 3, UGT 2, CIG 1, APC 1.

O Comité tamén acordou realizar concentracións de traballadores na entrada á Fábrica tódolos xoves de 13 a 14 horas e facer unha Asemblea Xeral Informativa o vindeiro sábado 21 de xaneiro ás 10 da mañá no comedor social da empresa. A parte destas medidas o Comité acordou outra serie delas das que se informará na asemblea do sábado.

Por último dicir que o venres día 20 celebrarase tamén en Madrid unha reunión do Comité Europeo de Alcoa (Euroforum) para tratar coa empresa o recorte de produción anunciado. Pola nosa parte esperamos que nesa reunión Alcoa de algunha información máis, aínda que non somos moi optimistas sabendo cal é a traxectoria deste órgano de representación europeo. O que si esperamos é poder falar co representante da Fábrica de Portovesme (Italia) para que nos conte que é o que está pasando alí e poder informarvos logo na Asemblea do sábado.

Compañeir@s somos conscientes do voso apoio, e non vos fallaremos. Dende CCOO pedímosvos que apoiedes da mesma maneira ó Comité de Empresa en tódolos actos que propoña para combater as medidas que quere impoñer a Empresa e para pedir un acordo enerxético que nos de garantías de futuro. Estamos convencidos que entre todos lograremos o noso obxectivo.

Seguiremos informando