martes, 17 de enero de 2012

REUNIÓN CONXUNTA AVILÉS & CORUÑA

COMUNICACIÓN DO COMITÉ DE EMPRESA DESPOIS DA 1ª REUNIÓN EN MADRID PARA TRATAR CONXUNTAMENTE CON AVILÉS O RECORTE DE PRODUCCIÓN ANUNCIADO DE 90.000 TONELADAS PARA AS DÚAS PLANTAS E A PRESENTACIÓN DUN E.R.E TEMPORAL.

O Presidente de Alcoa en España José Ramón Camino informou a os presentes que Alcoa presentará o E.R.E temporal nas dúas Fábricas de Avilés e A Coruña a máis tardar a finais deste mes de xaneiro, dando de prazo ata daquela para informar a os Sindicatos das dúas plantas e poder chegar a algún entendemento para cando o presenten no Ministerio de Traballo. A Representación dos Traballadores (RT) recriminoulle á Dirección que tivera tanta presa por presentar o E.R.E xa que non deixaban tempo para traballar e presionar ás distintas administracións na procura de solucións.

A Dirección di que os seis meses de execución dos que nun principio falaran eran para Portovesme, xustificando que isto era por tratarse dun peche definitivo da planta e que a redución da Coruña e Avilés tiñan que facela canto antes para reducir as perdas, previstas para o 2012 de 30 millóns de Euros á metade.
A preguntas da RT sobre cal sería o punto de retorno a normalidade no caso de aplicarse a redución, a Dirección non quixo ou non soubo dicir cal sería esa situación; mellora de prezo LME, baixada prezo materias primas, custe da enerxía e renovación do contrato a medio longo prazo, etc.

Compañeiros/as nesta primeira reunión en Madrid as sensacións que quitamos non son nada boas, A empresa non está a clarificar o futuro nas dúas plantas despois do recorte de produción e a aplicación do E.R.E. A RT solicitoulle a Dirección cantidade de documentación relacionada con datos económicos, de produción, de clientes, custes, etc. Documentación que entregarán na próxima reunión do xoves.

Dende o Comité de Empresa pedímosvos a máxima participación na concentración do xoves de 13 a 14 horas na entrada a Fábrica.

Seguiremos informando.