lunes, 30 de enero de 2012

REUNIÓN CON DIRECCIÓN (E.R.E)

COMUNICADO DO COMITÉ DE EMPRESA

A Dirección e a Representación do Comité nas negociacións do E.R.E en Madrid tivemos unha nova reunión hoxe na Fábrica.

A Dirección en principio informou que no caso de que o E.R.E non fose aceptado pola autoridade laboral o recorte de produción de 45.000Tm levaríase a cabo igualmente, engadindo que isto empeoraría a situación actual da Fábrica ó incrementarse os custes pola parada. A RT díxolle á Dirección que o recorte de produción a base de E.R.E tamén incrementaban os custes por tonelada producida, por mor dos custes fixos.

Seguidamente a Dirección en base a súa proposta de parada da Serie 1 e a aplicación do E.R.E a 210 traballadores entrou a detallar os postos de traballo que quedarían cubertos en cada Departamento. Ademais disto a Dirección propuxo outra serie de medidas que a continuación detallamos:

o Períodos rotativos de 180 días de E.R.E para os traballadores implicados.
o Desfrute das vacacións devengadas antes de entrar no E.R.E.
o No realizar novas contratacións no Contrato de Relevo (aplicar o 2X1).
o Posibilidade de traslados a San Cibrao para persoal obreiro (sen retorno).
o Posibilidade de traslados a fábricas europeas a persoal técnico (con retorno).
o 30 horas de formación en EHS a persoal regulado polo E.R.E.
o Externalización do comedor social no mes de Marzo.

A RT calificou a proposta da Dirección de DISCRIMINATORIA e INACEPTABLE e así se lle fixo saber. A Dirección solicitou unha contra oferta por parte da RT. A RT dixo que non faría ningunha oferta, nin entraría nos detalles da presentada pola Dirección mentres non se asegurase que o E.R.E sería de aplicación o 100% da plantilla e se presentase un plan de retorno a normalidade (arrancar cubas). Dito isto, a RT dou por terminada a reunión advertíndolle á Dirección que mentres non foran capaces de dar unha resposta afirmativa a estas dúas cuestións non volverían a sentar con eles nin en Madrid, nin na Coruña. Por último informámosvos que retomamos a concentración do xoves día 2 de Febreiro na entrada a Fábrica de 13 a 14 horas.

O COMITÉ DE EMPRESA

Seguiremos informando.