martes, 10 de enero de 2012

REUNIÓN COMITÉ & DIRECCIÓN

Na reunión de hoxe a Dirección informou ó Comité de Empresa que a negociación sobre o recorte de produción de 90.000Tm para as fábricas de A Coruña e Avilés terá que realizarse de maneira conxunta pola representación dos traballadores das dúas plantas, solicitando ó mesmo tempo saber a composición da representación por parte da Coruña. O Comité respondeu que a solicitude era correcta ó tratarse dunha unidade de negocio con dous centros de traballo en distintas autonomías, pero que mentres que non falasen cos compañeiros de Avilés e se puxeran de acordo na composición; tanto no número como na representatividade, non podían dicir nada.

O Comité censurou á Dirección a desproporción existente na cota de recorte de produción entre unhas fábricas e outras e solicitou un reparto máis equitativo desta medida entre as plantas de Europa. Por outro lado o Comité solicitou que a Dirección lle informara si a medida de recortar a produción a nivel mundial de Alcoa estaba sendo seguida polas demais compañías do sector do Aluminio.

A esta última pregunta a Dirección respondeu que todas estaban facendo axustes nas súas producións incluso pechando algunha planta e que da única que non tiña datos era de Rusal.

A reunión rematou co compromiso da Dirección en responder a solicitude do Comité de repartir o recorte de produción máis equitativamente, e o Comité en falar con Avilés para poñerse de acordo na composición da mesa de negociación.

Seguiremos informando.