viernes, 20 de diciembre de 2013
martes, 26 de noviembre de 2013
PRIMA DE VACACIÓNS 2013
Despois anunciar dende CC.OO o inicio do proceso para reclamar individualmente
as cantidades da Prima de Vacacións (no tempo de inaplicación do Convenio) a Dirección
chamounos a consulta. Explicámoslles que o proceso iniciouse por entender que
se estaba realizando un trato discriminatorio a parte do persoal no cobro de
este concepto por mor da inaplicación. A empresa estaba a pagar ata de tres
maneiras distintas un concepto que tiña que ser a mesma cantidade para todos os
traballadores e traballadoras da Fábrica, independentemente do nivel
retributivo que tivesen.
Despois de varias conversacións a Dirección confirmounos hoxe que aceptaba
voluntariamente pagar as cantidades non satisfeitas da Prima de Vacacións a
todos os traballadores e traballadoras. Polo tanto, este mesmo mes
regularizarán estas cantidades a todos os traballadores e traballadoras que
cobraron a Prima de Vacacións nos meses de Abril, Maio e Xuño, tanto en paga única
como mensual.
Non queremos rematar este comunicado sen dicir que aínda que nos sorprende
de esta Dirección tal decisión, tamén nos alegra comprobar como aínda lles
queda algo de coherencia e sentido común, pois entendemos que acaban de obrar
de xustiza. Esperamos que polo ben da nosa Fábrica este indicio de coherencia
non sexa cousa dun día.
Seguiremos informando…
lunes, 18 de noviembre de 2013
Dende a Sección
Sindical de CCOO queremos informar de que o Comité de Empresa unha vez falou co
Alcalde e as distintas forzas políticas da cidade, enviou hoxe unha nota de
prensa a os medios de comunicación alertando do anuncio da Segregación de Alcoa
Inespal e da necesidade de que se vixíe este proceso co fin de garantir a
viabilidade da Fábrica.
Así mesmo, aproveitamos
para informar de que dende esta Sección Sindical se iniciou o proceso para
reclamar as cantidades deixadas de pagar pola empresa a todos os afiliados e
afiliadas que cobraron a paga de vacacións nos meses de Abril, Maio e Xuño e non
percibiron o incremento pactado en convenio para o ano 2013.
Tal e como reza
no comunicado da Sección Sindical todos os afiliados e afiliadas afectados que estean
nesta situación e queiran realizar a reclamación de cantidade, poden achegarse
a os nosos delegados para iniciar o proceso.
Seguiremos
informando.
miércoles, 13 de noviembre de 2013
miércoles, 16 de octubre de 2013
VISITA DO PRESIDENTE DE ALCOA ESPAÑA Á FÁBRICA
A Sección Sindical de CCOO
unha vez valorado o dito hoxe polo máximo responsable da compañía a nivel
nacional na súa visita á Fábrica, quere deixar clara a súa postura. Para nada
nos tranquiliza as verbas do presidente cando di que a Fábrica de Coruña non está en
venda, e menos despois de dicirnos que antes de final de ano pensan dividir
xuridicamente a actual Alcoa
Inespal (Coruña
e Avilés).
Está claro que algo se está a mover, e as conclusións que quitamos non son
nada boas. Alcoa Inespal
é a empresa Matriz
do aluminio primario en España, a súa única accionista é Alcoa Inversións España S.L e conta con tres
filiais: Aluminio Español, S.A.
(en San Cibrao,
da que posúe o 100% do capital social), Alumina Española, S.A. (en San Cibrao, da que posúe o 60%) e Alcoa Inversións Internacionais,
S.L. (do que
posúe o 44%). Dende CCOO
xa solicitamos dos nosos máximos responsables sindicais a nivel estatal que
vixíen esta operación, pois dubidamos que todo isto sexa unha estratexia máis
da Compañía para descapitalizar a empresa e logo tomar decisións máis
traumáticas.
Sobre a pretensión da Dirección de vender o Laminador, co único obxectivo
de facer caixa, queremos facer constar a nosa rotunda oposición. Non estamos
dispostos a que se quite esa instalación sen que definitivamente a empresa
avale o futuro da planta. En vez de realizar os investimentos prometidos (para
os cales teñen subvencións paradas) están a descapitalizar a Fábrica vendendo
as súas instalacións. Deste xeito, se Alcoa non nos quere nun futuro, tampouco
nos quererá ninguén. Dito isto, solicitamos a calquera traballador que se ve
algún movemento estraño sobre o Laminador
Properzi o comunique de inmediato a calquera delegado de persoal
para obrar en consecuencia.
O presidente acusa á parte social de xudicializar as relacións na Fábrica. ¿Como
non se van a xudicializar
cunha Dirección que non é capaz de respectar os acordos asinados nin 24 horas?
Véxase o que pasou o 18 de xaneiro, co acordo sobre o descolgue e o retorno de
cantidades. Ou tamén o que
pasou co Plan de Competitividade, onde a mesma Dirección dicía que de telo
executado daría á planta un aforro de 99,4$/Tn, o que hoxe serían uns 5
millóns de euros ao ano de aforro, e non fixo practicamente nada. O cal
ocasionou logo a presentación dun ERTE
e un descolgue de Convenio xustificando que tiñan que recortar custos.
Como se pode confiar nunha Dirección, que sentes que te está a enganar?
Cando fomos a Guitiriz
para que nos desen a gran noticia de que tiñan pensado descolgarse do Convenio,
argumentaban que o tiñan que facer, pois perderían (segundo as súas estimacións)
13 millóns de euros en cada planta (Coruña e Avilés) no 2013. E que deses 13 terían que
aforrar 7 para non ter problemas, xa que os outros 5 millóns eran de
amortizacións que se terían que realizar de todos os xeitos. Hoxe dinnos que
pechado o terceiro trimestre se levan perdidos 993 mil euros (A Coruña), pero que
esperan finalizar o ano cunhas perdas de 3,7 millóns de euros. Segundo estes
datos, moi mal vai ir o último trimestre do ano, pero comparado coas súas
previsións teñen unha mellora de case 10 millóns de euros. A día de hoxe os
motivos que esgrimiron en Guitiriz
caen polo seu propio peso, a falta de saber o que realmente pasará no cuarto
trimestre.
CCOO intenta arranxar os problemas dentro da Fábrica, sempre que sexa posible
e como sempre fixemos. Pero non imos permanecer impasibles ante os mesmos, por
moito que lle gustase ao presidente de Alcoa. Trasladarémolos á xustiza (que
para iso está) cando a Dirección non sexa capaz de dar solucións axeitadas e
trate de atacar os dereitos dos traballadores.
Seguiremos informando…
jueves, 10 de octubre de 2013
jueves, 3 de octubre de 2013
martes, 17 de septiembre de 2013
ALCOA PON EN VENDA A LAMINACIÓN ESPAÑOLA
No día de
hoxe as Direccións dos Centros de Amorebieta
e Alicante
comunicaron ás respectivas Representación dos Traballadores que ALCOA decidira
vender o sector da Laminación en España. Parece ser que tamén se inclúen
plantas Francesas na operación de venda, pero esta noticia esta sen confirmar.
De momento
non temos máis información que esta. Só dicir que mañá a Dirección de Coruña citou a unha
representación do Comité de Empresa, imaxinamos que para dar máis información
ao respecto.
Seguiremos
informando….
martes, 10 de septiembre de 2013
ANDARAS BEN SUDADO
O dito no titulo deste escrito, é o que pensan do ABS e de como se ten que
traballar na Fundición, o que MAL dirixe esta Fábrica e o seu máis humilde servidor
(Xefe do Departamento da Fundición).
Recentemente algún "iluminado" decidiu cambiar os procedementos
de traballo describindo as tarefas de xeito individual aludindo ademais que así
podían aproveitar algún excedente nun equipo de traballo (polivalente) para que
puidese realizar tarefas noutra instalación. Temos claro que o único obxectivo
deste cambio é o de traballar nas instalacións sen cubrir as dotacións mínimas de
persoal e así reducilo. Que casualidade que o único en común en todos os
procedementos é que as tarefas pódenas realizar un só operario, mesmo a limpeza
de flotadores. O cal é vergonzoso pois incrementa a exposición á calor dos
traballadores.
Os procedementos están denunciados na Inspección de Traballo pois
consideramos que incrementan os riscos
para a saúde dos traballadores ao quedar sós máis do aconsellable en tarefas
perigosas. Ademais ningún dos procedementos recolle que o traballo na Fundición
se realiza por equipos completamente autónomos, faltando a realidade operativa.
Dende fai mais de 10 anos o traballo na Fundición realizase tendo como
referencia o ABS e levase a cabo por 3 equipos de traballo ben definidos (V1,
V5, Homoxenizado e Serras) en cada un deles existe un Líder (que é un
traballador máis) o cal é o enlace entre o Xefe de Quenda ante calquera
problema e ao revés.
Este sistema operativo adoptouse no seu día despois de ser negociado e
chegar a un acordo cos traballadores. Neste sistema de traballo a Dirección e o
Departamento sempre dixeron que non había equipos de traballo por debaixo de 3
traballadores, así no lo recordaban sempre que solicitabamos que no Laminador
ou no Transporte de metal se fixeran equipos e o seu correspondente Líder,
dicindo que era o Xefe de Quenda quen xestionaba os movementos de eses
traballadores.
O último cambio nos procedementos de traballo trouxo como consecuencia que
os Xefes de Quenda (coas directrices do Departamento), interfiran ao longo da
xornada desfacendo os equipos cando se lles antolla chegando a traballar en
dúas instalacións con 4 ou 5 traballadores cando tiña que haber mínimo 6
repartidos en dos equipos. O máis grave de todo isto se chega a realizar en
plena coada nas dúas verticais á vez, incrementando o risco para os
traballadores o cal xa foi notificado á Inspección de Traballo.
En contra do discurso de Alcoa en materia de ABS, consideramos que a
Dirección e o Departamento están atacando este sistema que se aplica na
Fundición por case 10 anos, e tamén consideramos que se está realizando un
incumprimento máis do Convenio Colectivo no seu artigo 17.6 (Sistema de Xestión
de Alcoa) no cal as dúas partes se comprometen a defender e aplicar o ABS como
sistema operativo na Fábrica. Ante isto dicir que o pasado 4 de Setembro
solicitouse dende o Comité de Empresa a convocatoria da Comisión de
Interpretación e Vixilancia do Convenio Colectivo para tratar este asunto.
Queremos deixar claro a todos os compañeiros e compañeiras que, se os
equipos de traballo non se completan son os Xefes de Quenda os que teñen que
dar as ordes precisas en cada momento de calquera tarefa que haxa que realizar
nas instalacións. CC.OO seguirá a defender o traballo en base ao ABS e por
equipos, pero de non ser corrixida por parte da Dirección e o Departamento de
Fundición a súa actitude verémonos obrigados, moi pesar noso, a promover o
abandono do ABS como sistema organizativo na Fundición e a promover calquera
outra acción de protesta máis contundente.
miércoles, 4 de septiembre de 2013
ENQUISA DE VOCES GLOBAIS
De novo está
a Dirección a voltas coa enquisa de VOCES GLOBAIS dicindo aos mandos que teñen
que premer a os traballadores e traballadoras para que saia o resultado que a
eles lles interesa, xa que na mesma xúlgase a súa xestión e a dos xefes de
departamento. Para lograr ese obxectivo exercen sobre os traballadores e
traballadoras todo tipo de presións incluídas ameazas entre elas a máis común é
a do peche da fábrica.
Non sería normal pola nosa banda que
despois de baixarnos o salario da maneira que o fixeron (sen darnos a opción de
recuperalo con beneficios) saíra na enquisa un resultado positivo nin de
participación nin de resultado final. Porque se sae positivo colgaranlles a súa
medalliña e entre outras medidas e volveran a intentar inaplicar
o Convenio, e entón si que a culpa será nosa.
Polo tanto, dende a Sección Sindical
de CC.OO. facer un chamamento para non ceder ás
presións ás que nos van someter os nosos mandos para sacar a enquisa como lle
convén á Dirección. Se alguén se sentise premido para cubrir a enquisa poñelo
en coñecemento dos nosos delegados para trasladalo fora da fábrica a quen teña a
capacidade de darlle unha solución ao problema. O mesmo que se detectades que
algúns mandos están a cubrir máis enquisas que a súa.
O que a queira realizar a enquisa
debe de facelo sen presión ningunha e poñendo o que realmente pensa preservando
o anonimato, para que finalmente o resultado desta reflicta o sentir do persoal
e a xestión que se está a facer da planta. O ano pasado quitamos un bo
resultado pois estabamos a pensar que todos estabamos a tirar do mesmo carro
polo problema da enerxía. Agora temos a oportunidade de dicirlle a Alcoa como
nos sentimos despois de deixarnos tirados coa inaplicación do Convenio e a
xestión de esta Dirección.
miércoles, 14 de agosto de 2013
MEDIDAS DESPROPORCIONADAS & ABUSO
Despois de que a Comisión Consultiva Nacional de
Convenios Colectivos (CCNCC) emitise a resolución do Laudo Arbitral no
departamento de electrólises algúns mandos están a comunicar aos traballadores
que a fábrica está nunha situación crítica. Imaxinamos que para pola vía do
medo forzar a que asinemos a inaplicación, xa que non saíu como esperaban.
Dicirvos
que o Comité de Empresa nas alegacións presentadas na CCNCC, fixo constar que o
único que se buscaba era a viabilidade da planta e fóra cal fóra o resultado da
arbitraxe manterían a súa postura; levar a cabo os investimentos
comprometidas e que nos devolvan o diñeiro cando teñan beneficios. Non nos
é posible fiarnos máis desta Dirección, que renegan do que asinan.
Cando as
cousas veñen mal os nosos "Xefazos" son os primeiros en abandonar o
barco. Son da mesma escola que o capitán do Concordia, ao ERTE remitímonos. Tendo
os salarios máis altos e podendo aforrar máis, dicían que non podían ir ao ERTE
porque eran imprescindibles, iso si aproveitárono ben facendo pontes de venres
a luns. En cambio agora resulta que xa non son tan imprescindibles para irse de
vacacións todo o mes.
Por
outro lado, dicirlle á Dirección e os seus "aspirantes a xefes de
planta" que dado que a inaplicación non lles saíu como esperaban que fagan
entre eles unha colecta ata completar a diferenza, porque entre outras cousas
os seus salarios e prebendas, que son moitas, dan para realizar ese esforzo.
Así darían exemplo que é o que nunca practican, xa que a súa intención é de
cargar a parte económica sobre os traballadores e saír eles co mínimo posible e
ás probas remitímonos.
Cada día
que pasa a Dirección de Planta está máis en dúbida que non só tense que dedicar
a pedir esforzos e sacrificios aos traballadores (nota de dirección 1.07.13)
senón que ten que xestionar a Fábrica como se espera dela e esixir
responsabilidades por todo o que está a pasar nos Departamentos. Pouca decencia
hai que ter para estar a pedir sacrificios aos traballadores ao mesmo tempo que
se lles recorta o seu salario, e logo
estando a fábrica tan mal economicamente alugar as instalacións dun
hotel para levar a cabo unha reunión.
Menos
decencia hai que ter para intentar quedar como un "xefazo" invitando
a catro churros aos traballadores e levándoos a comer o Club Financeiro. Mellor
sería que o Xefe de Electrolisis concentrase a súa pouca capacidade en
xestionar o Departamento, que boa falta lle fai. E se deixáse de parvadas e de
facer experimentos que finalmente elevan os custos, e fan que a día de hoxe a
serie 2 este feita un desastre e os traballadores rebentados pola súa
inoperancia.
martes, 6 de agosto de 2013
REUNIÓN EXTRAORDINARIA DO COMITÉ DE EMPRESA
O Comité de Empresa reuniuse hoxe en sesión extraordinaria para avaliar o
resultado do Laudo arbitral sobre o proceso de Inaplicación.
O pleno valorou positivamente o ditame do árbitro, pois este vén a ser a
terceira parte de gravoso para os intereses dos traballadores do que pretendía
a empresa e bastante menos do que se está a aplicar noutros centros de traballo
(Avilés e Alicante). Aínda así o Pleno acordou que as distintas
Centrais Sindicais solicitasen nos seus respectivos gabinetes xurídicos un
informe sobre o Laudo pois entende que o mesmo entra en varias contradicións
que terán que ser valoradas por se é necesario recorrer o mesmo.
O Comité de Empresa acordou solicitar unha reunión coa Dirección (xa
solicitada por escrito) para tratar o Laudo Arbitral e aclarar a posición das dúas
partes. Dende CCOO esperamos que a Dirección se aveña a convocar a
devandita reunión o antes posible e non faga o mesmo que coas anteriormente
solicitadas o 28 de Xuño (para tratar a situación actual da empresa, resultados
económicos dos 2 primeiros trimestres do ano e situación actual da compañía) ás
cales lles deu silencio administrativo, feito que finalmente foi posto en
coñecemento da Inspección de Traballo (por escrito) para que dende alí se inste
á empresa a realizar a devandita reunión e dar a información solicitada.
Ata os representantes de CCOO chegaron comentarios de que algúns
mandos desta Fábrica, seguramente ben adestrados dende a Dirección, estanse a
dedicar a exercer unha conduta de auténticos mafiosos dende que saíu o ditame
do Árbitro. Estanse a dedicar a realizar charlas cos traballadores para dalgún
xeito amedrentalos dicíndolles que se a empresa ten que devolver parte do
diñeiro quitado indebidamente e enriba non poden quitar todo o que pretendían
as consecuencias será peores.
Dende CCOO queremos facer unha advertencia a
este tipo de conduta e se non é corrixida actuaremos coa contundencia que
merece. O Comité de Empresa mantívo neste proceso unha conduta irreprochable
e moi coherente, ofrecendo sempre aceptar o plan de aforros presentado pola empresa
sempre e cando se comprometesen a executar os investimentos considerados vitais
e que xa todos coñecemos (para as que hai subvencións paradas) e recoñecer unha
débeda cos traballadores e devolver o diñeiro cando a situación mellorase
(mesmo en cómodos prazos), esa mesma oferta pódese ler mesmo na últimas alegacións do Comité de Empresa antes de que o Árbitro realizase o seu ditame.
Fomos moi pacientes con esta
Dirección afrontado os problemas buscando solucións sempre primeiramente polo
camiño do dialogo e cando non foi posible acudindo ao ámbito xudicial que para
iso está, aínda que ultimamente os dereitos dos traballadores non estean a ser tidos en conta. Esperamos que a Dirección retome o camiño do dialogo e
deixe de obrar como o está a facer, se non verémonos abocados
á conflitividade moi ao noso pesar.
martes, 30 de julio de 2013
DICTAMEN DO ARBITRO POLA INAPLICACIÓN DO CONVENIO
O árbitro D. Francisco Gonzalez de Lena, designando pola Comisión Consultiva Nacional de Convenios Colectivos (CCNCC) polo proceso que de Inaplicación do Convenio que iniciou a Dirección da Empresa acaba de decidir no seu ditame que existen causas económicas na empresa para promover o proceso de Inaplicación.
O Laudo arbitral limita a Inaplicación e só poderá facerse a partir do 5 de Abril 2013 (finalización do período do ERTE) e ata o 30 de Xuño de 2013. A empresa só pode facer a conxelación salarial nese período e rebaixar en 15 días de salario a paga extra de Xullo, pero non pode facer o mesmo coa de decembro como tiña solicitado. A prima de Resultados de 2013 terá que aboala de acordo ao recollido no Convenio Colectivo.
Este Laudo rebaixa as pretensións da empresa considerablemente e deixa en evidencia o desproporcionado das medidas que formulaba, mesmo dentro dun período de ERTE acordado cos traballadores.
O Comité de Empresa reunirase en breve para valorar este Laudo e tomar as decisións oportunas. Destas informaremos o antes posible.
viernes, 28 de junio de 2013
sábado, 11 de mayo de 2013
viernes, 26 de abril de 2013
1º MAIO
— O 1.º de
Maio é unha xornada de solidariedade e reivindicación internacional, e este ano
conmemórase no medio dunha profunda crise económica e financeira, que nalgúns
países como o noso se manifesta de forma dramática.
— A Unión Europea, que actúa ao ditado da chanceler Merkel, insiste nas súas receitas neoliberais: déficit, golpe ao estado de benestar e aos dereitos sociais e laborais, paro e recesión.
— Políticas que en España, coma noutros países do sur de Europa, amosan o seu perfil máis antisocial, con reformas laborais orientadas a debilitar a negociación colectiva e acabar co convenio como ferramenta de protección de traballadoras e traballadores.
— Pero sen dúbida, a faciana máis cruel destas políticas é a destrución de emprego e o paro, que xa superou o listón intolerable dos seis millóns de persoas que, querendo, non poden traballar.
— Ademais, o Goberno non para de privatizar, de transferir recursos públicos á iniciativa privada, de xerar unha crecente desprotección e inseguridade entre os sectores máis desfavorecidos.
— Aínda por riba, aumenta a desafección da cidadanía pola política e recrúa a crise institucional, xusto cando son máis necesarias ca nunca as políticas públicas para mellorar a vida da xente.
Fai falta outra política
Por iso en Galicia e en España e ante as políticas de irracional austeridade e contención do déficit levadas a cabo, a custa de empobrecer a inmensa maioría da sociedade, os sindicatos propoñemos:
- fronte ao drama do paro: reactivación económica
- fronte á desregulación laboral: dereitos e convenio colectivo
- fronte ás privatizacións: servizos públicos e protección social
- fronte á crise social e política: máis e mellor democracia
Participa na Manifestación do 1.º de Maio de 2013!!!!
— A Unión Europea, que actúa ao ditado da chanceler Merkel, insiste nas súas receitas neoliberais: déficit, golpe ao estado de benestar e aos dereitos sociais e laborais, paro e recesión.
— Políticas que en España, coma noutros países do sur de Europa, amosan o seu perfil máis antisocial, con reformas laborais orientadas a debilitar a negociación colectiva e acabar co convenio como ferramenta de protección de traballadoras e traballadores.
— Pero sen dúbida, a faciana máis cruel destas políticas é a destrución de emprego e o paro, que xa superou o listón intolerable dos seis millóns de persoas que, querendo, non poden traballar.
— Ademais, o Goberno non para de privatizar, de transferir recursos públicos á iniciativa privada, de xerar unha crecente desprotección e inseguridade entre os sectores máis desfavorecidos.
— Aínda por riba, aumenta a desafección da cidadanía pola política e recrúa a crise institucional, xusto cando son máis necesarias ca nunca as políticas públicas para mellorar a vida da xente.
Fai falta outra política
Por iso en Galicia e en España e ante as políticas de irracional austeridade e contención do déficit levadas a cabo, a custa de empobrecer a inmensa maioría da sociedade, os sindicatos propoñemos:
- fronte ao drama do paro: reactivación económica
- fronte á desregulación laboral: dereitos e convenio colectivo
- fronte ás privatizacións: servizos públicos e protección social
- fronte á crise social e política: máis e mellor democracia
Participa na Manifestación do 1.º de Maio de 2013!!!!
PRAZA DA PALLOZA, ás 12 da mañá !!!!
Loita polos teus dereitos!!!!
viernes, 12 de abril de 2013
COMUNICADO DO COMITÉ DE EMPRESA
CONTRATO DE RELEVO
No dia de
hoxe rexistrouse no INSS
o acordo entre o Comité de Empresa e a Dirección para poder executar o Contrato
de Relevo ata o ano 2018 acolléndose así á
"cláusula de salvagarda" do recente RD-Lei 5/2013 do 15 de Marzo, de medidas
para favorecer a continuidade dos traballadores e traballadoras de maior idade
e favorecer o envellecemento activo.
Con este paso ábrese a posibilidade a que os traballadores e traballadoras
da Fábrica que naceran antes do 1 de Xaneiro do ano 1958 poderán acollerse a
xubilación parcial mediante o Contrato de Relevo.
Tal e como recolle o RD Lei 5/2013 o Contrato de Relevo será voluntario
polas dúas partes. E dicir, será voluntario tanto o ofrecemento por parte da
empresa da xubilación anticipada ao traballador/a que cumpra as condicións
estipuladas, como que o traballador/a poderá decidir si a acepta ou non a mesma.
miércoles, 27 de marzo de 2013
NOTA DIRECCIÓN
Por fin hoxe, e despois de que a Representación dos
Traballadores o solicitase en varias reunións, a Dirección abriu (mediante unha
nota) a posibilidade de que calquera traballador interesado solicite calquera
praza (antes do próximo 2 de abril) que poida quedar libre pola continuación das
internalizacións de traballos existentes e outras novas despois do ERTE.
Ver nota....
martes, 26 de marzo de 2013
NOTA INFORMATIVA COMITÉ DE EMPRESA
O Comité
de Empresa e a Dirección mantiveron hoxe unha reunión que foi un autentico
"fracaso", pois as expectativas eran moitas e a Dirección non
presentou a organización dos Departamentos a partir do
fin do ERTE en curso (4 de Abril) e tampouco
presentou os calendarios sobre a base desa nova organización.
Por outro lado, sobre a solicitude que se lle fixera á Dirección de abrir a
voluntariedade do persoal para cubrir as prazas da internalización (quitando
unha nota) nada de nada. A Dirección di que non está pechada a esa
voluntariedade, pero que aínda non tomaron unha decisión ao respecto e que de
momento seguirán adiante coa mobilidade funcional prevista e que logo se
deciden abrir a voluntariedade farían os cambios necesarios.
O Comité de Empresa esixiu á Dirección que presentara o antes posible as
organizacións dos distintos Departamentos e entregara os calendarios coas
quendas de vacacións. Ademais solicitou que tomase a decisión de abrir a
voluntariedade e o fixese o antes posible para non prexudicar máis do necesario
aos traballadores afectados pola mobilidade. Tamén se lle reclamou á Dirección
que aclarara cal sería o criterio para pagar o premio de
vacacións (en inverno) unha vez que se movan as vacacións dos ciclos habituais
tendo en conta os acordos existentes. A Dirección dixo que aclararía todos
estes puntos o antes posible, pero non deu data para a unha próxima reunión.
Seguiremos informando.
viernes, 15 de marzo de 2013
NOTA INFORMATIVA DO COMITÉ DE EMPRESA
O pasado 14 de marzo celebráronse dúas reunións da Comisión de
Interpretación e Vixilancia do Convenio Colectivo e en ningunha das dúas
reunións se chegou a un acordo. A primeira celebrouse a petición do Comité de
Empresa para tratar o conflito de traballo xurdido polo incumprimento do
Convenio ao non realizar a empresa os incrementos salariais pactados para o ano
2013 e a non devolución das cotas do Fondo de Axuda do ano 2012. A segunda levouse
a cabo por solicitude da Dirección seguindo co proceso que iniciaron para a inaplicación do
Convenio e a Modificación Substancial das Condicións de Traballo.
Hoxe mesmo, unha vez asinada a acta da reunión da Comisión de
Interpretación e Vixilancia o Comité de Empresa cursou solicitude ante o Consello
Galego de Relacións Laborais
para unha mediación no AGA
por incumprimento de Convenio. Se neste organismo non se chega a
un acordo o asunto finalmente rematará nos xulgados cun conflito colectivo para
reclamar o deixado de pagar pola empresa no ano 2013. En canto ao proceso para
o descolgue de Convenio (art.º 82.3 E.T.) que a empresa inicio o pasado 19 de febreiro, e
xa pasou o tramite da Comisión paritaria, estamos á espera do que decida a
empresa, pois cremos que aínda non teñen moi claro cal é o seguinte paso legal
e onde se ten que levar a cabo.
Por outro lado, hoxe reuniuse de novo a Comisión de Interpretación e
Vixilancia por solicitude da Empresa para presentar un Plan para despois do
vencemento do ERTE
(4 de abril). A Representación dos Traballadores (RT) criticou que se convocase á Comisión
e non ao Comité de Empresa para presentar o devandito plan. O plan consiste en
que a empresa xustificando non realizar un novo ERE a partir do próximo 4 de abril, di necesitar
seguir coas internalizacións acordadas durante o ERTE e ademais incorporar a outros dez
traballadores, para realizar as internalizacións que xa existentes e outras novas que se realizaran e informan
que os novas incorporacións se fan polo criterio da antigüidade (os menos antigos).
E presentan un listado cos nomes dos traballadores afectados e informan que a
partir do 4 de abril todos os afectados pola internalización percibirán o
salario correspondente á xornada realmente desempeñada. Ademais a Dirección di
que necesitarán prolongar as vacacións ata finais de ano nalgún departamento.
A RT
solicitou que a Dirección quitase unha nota pedindo voluntarios para a
internalización, pois podía haber traballadores interesados en realizar horario
de xornada e sería bo dar esa posibilidade, mentres podía haber outros da lista
que preferían volver ou seguir no seu posto. A RT solicitou saber cal sería a nova
organización nos Departamentos a partir do ERTE e como quedarían os calendarios nos
mesmos.
A Dirección informou que debido aos prazos legais establecidos para
executar unha Mobilidade enviaría as cartas de preaviso igualmente aos
traballadores do listado e despois se había voluntarios realizaríanse os
cambios.
O Comité de Empresa reunirase o próximo luns 18 de Marzo para avaliar esta
nova situación e tomar as decisións que considere oportunas ao respecto.
Seguiremos Informando.
miércoles, 6 de marzo de 2013
DESCOLGUE DE CONVENIO
Coa reunión de hoxe rematou o período de consultas sobre
a modificación substancial das condicións de traballo e a inaplicación do Convenio. O acordo non foi posible debido
ao inmobilismo da Dirección que mantivo a súa postura de non retornar aos traballadores
as cantidades deixadas de pagar no ano 2013, aínda tendo beneficios, e non
estar dispostos a facer o mesmo aforro en cantidades que non afectasen á
conxelación salarial, aínda podendo.
Para o próximo luns o Comité de Empresa convocou unha asemblea en horarios de 10:30 e 17:15 horas para informar aos traballadores e traballadoras do tratado nas últimas reunións e para informar tamén dos pasos a dar a partir de agora.
Aparte de isto, a Dirección non quixo comprometerse a
levar a cabo os investimentos máis urxentes, algunha delas con subvención xa
aprobada. E tampouco quixo comprometerse a non volver propoñer medidas de recortes
salariais, como as presentadas nestes procesos, antes do remate do convenio
Colectivo en vigor (31 decembro 2014).
Para o próximo luns o Comité de Empresa convocou unha asemblea en horarios de 10:30 e 17:15 horas para informar aos traballadores e traballadoras do tratado nas últimas reunións e para informar tamén dos pasos a dar a partir de agora.
lunes, 4 de marzo de 2013
lunes, 25 de febrero de 2013
SERVICIOS MÍNIMOS
Hoy tuvo lugar a primera hora de la mañana la reunión para
fijar los Servicios Mínimos de cara a la huelga a llevar a cabo el 28 de
febrero y el 1, 4, 5 y 6 de marzo en horario de 10:30 a 12:30 horas y de 17:10
a 19:10 horas. En la negociación de estos Servicios Mínimos se tuvo en cuenta
que la huelga es de una duración distinta a lo habitual y además la situación por las pruebas de interrumpibilidad, cuyos horarios
interfieren con los horarios de la huelga. Finalmente se alcanzo el siguiente
acuerdo:
Departamento de Electrolisis:
·
4 Polivalentes en función
de cubista en Serie 2
·
2 Polivalentes en función
de cubista en Serie 1
·
1 Jefe de Turno.
Personal de
retén por la interrumpibilidad que estará en las concentraciones:
·
1 Colador (solo en caso de
perforación de cuba)
·
3 Polivalentes (en caso de aplicación
de interrumpibilidad)
Departamento de Fundición:
·
1 Jefe de Turno.
Personal
de retén por perforación de cuba que estará en las concentraciones:
·
1 Polivalente con función
de transportista.
Departamento de
Mantenimiento Central:
Personal de
retén que estará en las concentraciones:
·
1 Mecánico del ERR.
·
1 Electricista del ERR.
Servicios
Generales:
·
1 ATS.
En el horario
de huelga no se realizará ningún trabajo de producción, se pararán todos los
procesos atendiendo solo los embalajes e incidencias en las cubas de electrolisis.
Después a
las 12 de la mañana se celebro una reunión con la Dirección del período de
consultas por el descuelgue de Convenio que pretende la empresa. Solo decir que
en esta reunión no hubo ningún avance y solo sirvió para reafirmar las posturas
de las dos partes.
El próximo
28 de febrero está convocada una nueva reunión para las 14:30 horas.
Seguiremos
informando.
viernes, 22 de febrero de 2013
COMUNICADO DO COMITÉ DE EMPRESA
No día de hoxe o Pleno do Comité de Empresa reunímonos
para valorar a proposta de descolgue de Convenio presentada de novo pola
Empresa o pasado 19 de febreiro. Este Comité denuncia a falta de integridade
mostrada pola Dirección que o pasado 18 de xaneiro se comprometeu a falar do
retorno de cantidades e agora non respeta o que firma presentando de novo o
proceso de descolgue de Convenio.
O Comité
de Empresa estivo e está disposto a chegar a un acordo, pero pola vía de
retorna os cartos a os trabadores cando a Empresa entre en beneficios.
Ante a
postura da empresa acordouse convocar a todos ós traballadores/as a unha folga
cos seguintes horarios:
· Día 1 de
Marzo de 10:30 a 12:30 e de 17:10 a 19:10.
· Día 4 de
Marzo de 10:30 a 12:30 e de 17:10 a 19:10.
· Día 5 de
Marzo de 10:30 a 12:30 e de 17:10 a 19:10.
· Día 6 de
Marzo de 10:30 a 12:30 e de 17:10 a 19:10.
Todos os días de folga os traballadores e traballadoras concentraranse na entrada á empresa nos seguintes
horarios:
·
28 de
Febreiro 2013 de 10:30 a 12:30 e de
17:10 a 17:40 horas
·
1 de
Marzo 2013 de 10:30 a 12:30 horas
·
4 de
Marzo 2013 de 10:30 a 12:30 e de
17:10 a 17:40 horas
·
5 de
Marzo 2013 de 10:30 a 12:30 e de
17:10 a 17:40 horas
·
6 de
Marzo 2013 de 10:30 a 12:30 e de
17:10 a 17:40 horas
O Xoves 28
de Febreiro celebrarase Asemblea nas concentracións de mañá e tarde.
martes, 19 de febrero de 2013
DESCOLGUE DE CONVENIO
Tal
e como se informou na Asemblea do pasado 15 de febreiro, o período de
negociacións asinado coa Dirección para buscar un acordo sobre a redución de
custos salariais de cara ao 2013, rematou sen acordo. A empresa negouse dende o
primeiro día a non retornar cantidade algunha deixada de percibir polos
traballadores durante o ano 2013, a pesar de que esa era unha das garantías
asinadas polas dúas partes no acordo para a apertura destas negociacións o
pasado 18 de xaneiro.
No día
de hoxe a Dirección presento de novo os procesos de inaplicación
do Convenio Colectivo (art. 82.3 ET) e a
Modificación Sustancial das Condicións de Traballo (art.41 ET), nas seguintes
condicións:
·
Conxelación das Táboas Salariais dende o 1 de xaneiro ao 30 de xuño
de 2013 en todos os seus conceptos (IPC máis
incrementos fixos en primas).
·
Non se pagará a Prima de Resultados 2013 ao persoal PIC nin o bono de desempeño ao persoal PFD (na mesma proporción do 4%).
·
As pagas extraordinarias de xullo e decembro redúcense ao 50% tanto
para o persoal PIC coma para o persoal PFD.
Esta
nova proposta de "descolgue de Convenio"
que formula a empresa de cara ao ano 2013, volve ir por enriba das necesidades
de aforro de custos que din ter (1.479.870 euros). O pasado 11 de xaneiro a
empresa había presentado un proceso de descolgue aínda de maior impacto:
·
Conxelación das Táboas Salariais de 2013 en todos os seus conceptos
(IPC máis incrementos fixos en primas).
·
Non se pagaría a Prima de Resultados 2013 ao persoal PIC.
·
As pagas extraordinarias de xullo e decembro reduciríanse ao 50%.
·
Non se realizarán achegas ao Plan de Pensións no ano 2013.
En
ningún dos dous procesos a Dirección di de retornar as cantidades deixadas de
pagar en 2013 aos traballadores cando as circunstancias económicas sexan máis
favorables para a empresa, é dicir cando teñan beneficios. Isto é o que defende
a Representación dos Traballadores, pois cre que é de xustiza devolver nun bo
momento os esforzos que se realizan para saír de situacións como as que di ter
a empresa. Está claro que a Dirección non busca o acordo neste conflito, pois
se non entran á devolver cantidade algunha nun escenario máis favorable.
Ademais queda claro o seu talante negociador cando unha vez iniciado este
proceso, no que hai negociar de boa fe durante 15 días, a Dirección fixa un
calendario con só dúas reunións (25 de febreiro e o 4 de marzo).
Temos que recordar que o actual Convenio Colectivo (2010-2014) foi
negociado nun escenario de crise e de malos resultados económicos (parada de
produción 2009, inundación Avilés 2010, etc e deslocalización do alambrón). Nesta negociación o Comité de Empresa defendeu
unha proposta de tres anos de vixencia, co cal tocaríanos volver negociar o Convenio
Colectivo no 2013 e foi a empresa a que forzou a un
acordo final por cinco anos, para agora vir coas rebaixas.
A Dirección pode tratar de defender a legalidade da súa postura
amparándose na última reforma laboral. Para nos a proposta da empresa é inmoral
e ataca directamente a os que durante un ano
estiveron a loitar na rúa por unha regulación da enerxía para que Alcoa siga
mantendo o seu boiante negocio do aluminio en España. A proposta realizada pola
empresa non garante a viabilidade da Fábrica, máis ben o contrario, xa que non
ven rescaldada dunha acción industrial para mellorar os seus custes. A mostra
de isto é que o 3 de Outubro de 2011, asinouse
coa Dirección da Coruña un Plan de Competitividade que recollía unha
serie de medidas, melloras e investimentos nas instalacións que melloraban os
custos da Fábrica. Durante a negociación deste Plan a Representación dos
Traballadores conseguiu unha subvención da Xunta de Galicia duns 800.000 euros
(setembro 2011) para instalar o Gas Natural na Fundición. O investimento total
desta instalación ascendía máis ou menos a 1.000.000 euros estimando a empresa
que isto lles daría un aforro anual de 500.000 euros. A día de hoxe este
investimento aínda non se levou a cabo e a subvención da Xunta de Galicia vaise
aprazando ano tras ano ¿Por qué non a
executan si o que buscan de verdade son aforros?
No punto 12 deste Plan de Competitividade a Dirección di
textualmente que, "Ante a pregunta
da RT de coñecer o aforro que a planta consegue co plan de competitividade
presentado e a posición na que quedaría a planta, a RD informa de que todas
as medidas incluídas no plan de competitividade (enerxía, materias primas,
Fundición, mellores prácticas, contratistas e produtividade) supoñen unha
redución aproximada de 99,4$/T. A RD manifesta que se todas estas medidas
estivesen xa executadas a día de hoxe, a planta posicionaríase nunha situación competitiva
respecto á planta de Avilés". Segundo o dito pola Dirección, se tivesen aplicado este Plan a
planta tería reducido os seus custos de cara ao ano 2013 en 5.000.000 euros.
A
empresa fixo unha previsión de cara ao 2013 moi agresiva, para xustificar con
iso as medidas presentadas. Estimou un valor de LME 1.900$/Tm (prezo de
tonelada de aluminio) que se afasta moito da cotización actual de 2.050$/Tm.
Con este valor de LME e unha produción estimada de 69.000 Tm a empresa obtería
un diferencial a favor de uns 10.300.000 dólares, que co cambio actual
supoñerían case 8.000.000 euros. Polo tanto a empresa non ten neste momento o problema que di
ter, e menos, se a estes datos sumamos os altos Premios que teñen na actualidade
os Tochos e as Placas e a mellora do prezo da enerxía coa nova regulación da interrumpibilidade.
Por
todo isto dende CCOO non podemos aceptar que a empresa non se preste a devolver os
cartos que lle quere quitar os traballadores nun momento de bonanza económica.
O próximo xoves 21 de Febreiro o
Comité de Empresa reunirase de novo para valorar a situación que formula a
Dirección con este novo proceso de "descolgue
de Convenio".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)