Hoxe sábado 29 de Decembro, por fin apareceu publicada no BOE a Orde Ministerial (OM) que
realizou o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo que regular o servizo de
xestión da demanda de interrumpibilidade, a cal fai que os grandes consumidores
de enerxía, como a nosa empresa, teñan un prezo final de MWh máis económico con
respecto ao mercado ordinario. Cabe destacar que a publicación no BOE realizase
unha vez que a Comisión Nacional de Enerxía emitiu ditame favorable o pasado 27
de Decembro, tras revisar o proxecto da OM.
Con este feito ponse punto final a un ano de angustia, sufrimento e loita para conseguir que a enerxía non fose a desculpa de Alcoa para pechar as Fábricas españolas e particularmente a nosa. Este é un éxito de todos, mesmo dos máis derrotistas que xa polo mes de marzo poñían prezo ao peche da Fábrica, querendo fixar indemnizacións por cada traballador. Que doado ían poñerllo a esta empresa para botar o peche.
Os traballadores e traballadoras da Fábrica da Coruña
de Alcoa loitamos máis que ninguén por esta solución. Realizamos máis
dunha trintena de mobilizacións, chamamos a todas as portas posibles buscando
unha solución e estivemos nos medios de prensa continuamente mantendo o
problema en activo. CCOO sempre creu nunha solución
favorable a este conflito e con ese obxectivo traballamos. Sabemos dende o
principio que os traballadores iamos ser utilizados pola empresa para conseguir
o seu obxectivo, e a verdade non nos importou, porque o obxectivo era conseguir
a continuidade da Fábrica e que o custo da enerxía non fose o problema.
A Empresa recentemente vén de propoñer unhas medidas antisociais con redución salarial incluída de cara ao 2013, como menciña aos males endémicos de falta de organización e os investimentos necesarios para a mellor competitividade da nosa Fábrica. Así paga Alcoa a nosa colaboración e implicación na solución do conflito da enerxía. Para CCOO o plan de redución de custos presentado pola Dirección, non é tal, é máis ben un "Plan Ideolóxico" co que pretenden rematar cos dereitos de moitos anos e saltarse os acordos asinados.
Seguiremos Informando.